Home Lugo e contorna Lugo Denunciado en Lugo un condutor baixo os efectos do alcol, que se saíu da vía e chocou contra un sinal

Denunciado en Lugo un condutor baixo os efectos do alcol, que se saíu da vía e chocou contra un sinal

0
Denunciado en Lugo un condutor baixo os efectos do alcol, que se saíu da vía e chocou contra un sinal
Accidente dun coche en Lugo, cuxo condutor foi denunciado por dar positivo na proba de alcoholemia.. POLICÍA LOCAL DE LUGO

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a un condutor que deu positivo no test de alcoholemia e que se viu implicado nun accidente. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste xoves, cando un vehículo se saíu da calzada pola dereita na glorieta de San Eufrasio coa Rolda de Fontiñas.

Ao chegar ao lugar do sinistro, os axentes decatáronse de que o condutor presentaba signos de embriaguez, polo que lle realizaron a proba de alcoholemia. O test arroxou un resultado positivo de 0,73 mg/l, polo que foi denunciado por un suposto delito contra a seguridade viaria.

Por outra banda, a Policía Local informou informou doutra intervención no polígono industrial das Gándaras, tras recibir varios avisos na sala do 092 sobre a presenza dun condutor circulando de forma neglixente. Cando os policías identificaron o condutor comprobaron que carece de permiso de condución, porque nunca o obtivo, aínda que manifestou aos axentes que estaba “a facer prácticas” para obter o carné

+ posts