InicioLugo e contornaLugoVolve a neve en plena primavera á provincia de Lugo este sábado

Volve a neve en plena primavera á provincia de Lugo este sábado

Rexistráronse en varios puntos valores negativos nos termómetros unha semana despois de que Galicia vivira temperaturas máis propias do verán. 

PUBLICADA O

- Advertisement -

Varios puntos da provincia de Lugo rexistran nevadas na mañá deste sábado de finais do mes de abril, unha semana despois de que Galicia rexistrase durante varias xornadas temperaturas máis propias do verán. A neve caeu en distintas zonas da provincia, incluída a propia capital, durante a mañá deste sábado, no que o resto da comunidade galega rexistra choivas e temperaturas baixas para esta altura do ano.

E é que os termómetros roldaron os valores negativos en puntos da provincia luguesa como Portomarín, Pol, Friol ou Chantada. En zonas de montaña de Ourense como Manzaneda ou A Veiga, o mercurio esborrallouse ata os 3 graos negativos.

Tamén se alcanzaron temperaturas por baixo de cero graos e nevadas en Pedrafita do Cebreiro, onde a Garda Civil instalou no Alto de O Poio un punto de axuda aos peregrinos que realizan o Camiño de Santiago.

+ posts

ÚLTIMAS

O goberno de Lugo pide que o “deixen traballar” para o nov centro de saúde do Sagrado Corazón

O Concello de Lugo quere aclarar á cidadanía que as recentes manifestacións do voceiro...

Piden 15 anos de cadea para un home acusado de acoitelar a parella da súa exmoza

Un mozo enfróntase a penas que ascenden a 15 anos de prisión acusado de...

 Obras nocturnas en Lugo na rotonda de Benigno Rivera con Infanta Elena

O Concello de Lugo inicia os traballos de renovación integral do firme na rotonda...

Obradoiro sobre a prevención do suicidio na adolescencia na UNED de Lugo

A UNED de Lugo organizará o vindeiro martes 29 de setembro, ás 18:00 horas,...