InicioLugo e contornaLugoO PP de Lugo asegura que os 100 días de Alvarellos supoñen"ir...

O PP de Lugo asegura que os 100 días de Alvarellos supoñen”ir a peor”

Elena Candia sostivo que asuntos en urbanismo, área social e o rural están "paralizados".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Municipal do PP de Lugo asegurou que os primeiros 100 días da socialista Paula Alvarellos como alcaldesa supoñen “máis do mesmo” e mesmo “ir a peor”.

A portavoz do PP na cidade, Elena Candia, considerou que a “forma na que entrou a alcaldesa no goberno, sen presentarse e sen gañar nada, e froito da xenerosidade de cinco renuncias xustifica a súa forma de traballar: de costas á cidadanía, afastada do persoal de concello e podendo deducirse dos seus feitos o seu descoñecemento da cidade”.

“Onte dicía que chegou fai tres meses pero todos sabemos que leva 59 meses, e que estivo en primeira liña como responsable de dúas das áreas máis importantes do concello: persoal e urbanismo das que agora quere desentenderse”, afirmou a popular.

Candia tamén ironizou con que “Alvarellos presume de súpeto pago” mentres que foi este xoves cando abonou unha factura “que recoñecía deber do ano 2022” relativa a unha cantidade importante, entre outras.

A popular, que sostivo que asuntos en urbanismo, área social e o rural están “paralizados”, considerou que se trata dunha alcaldesa “sen ideas” que pretende paliar a súa falta de proxectos con “eufemismos”. “Onte apuntaban que nos edificios sen uso implantar o modelo de autogestión”, dixo.

Candia considerou “sorprendente” que a rexedora destaque destes 100 días un encontro accidental na toma de posesión de Alfonso Rueda co ministro de Fomento, Óscar Puente. Ademais, sostivo que se bota en falta unha reunión co presidente da Deputación, José Tomé, para tratar asuntos nos que ambas as institucións teñen competencias, como a protectora, infraestruturas viarias ou a apertura do aparcadoiro do Centrade.

Tras acusala de “bater a marca en privatizacións” neste tempo e de falta de talante cos sindicatos, sostivo que ao PSOE caeulle a “o” de Obreiro”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...