InicioSucesosDenunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que se escaparon dunha leira e atacaron a un viandante e á súa mascota.

Os feitos ocorreron na mañá deste xoves, cando unha patrulla foi comisionada para acudir á Avenida das Américas, onde uns cans atacaran a unha persoa. Os axentes localizaron aos dous cans soltos por esa avenida e guiáronos con vehículos policiais ata retelos nunha zona segura da rúa Pomar, utilizando uns valos para cercalos e evitar que se escapasen. A continuación solicitaron o servizo dos laceros para trasladar aos animais á Protectora.

Os policías entrevistáronse coa persoa atacada, que explicou que estaba a pasear co seu can e que os outros dous cans abalanzáronse sobre eles. Para protexer á súa mascota o home interpúxose e resultou lesionado nunha man.

Os axentes tamén comprobaron que os cans soltos tiñan microchip polo que puideron identificar os seus propietarios, que explicaron que os animais estaban nunha leira pechada da rúa Marqués de Ombreiro, pero lograran fuxir cavando un foso. A Policía levantou acta de denuncia por infraccións á lei de Benestar Animal.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...