InicioSucesosDenunciados unha ducia de condutores en Lugo por alcoholemia positiva, un deles...

Denunciados unha ducia de condutores en Lugo por alcoholemia positiva, un deles por cuadriplicar a taxa máxima

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou este fin de semana a unha ducia de condutores que deron positivo no test de alcoholemia, un deles cuadriplicando a taxa máxima permitida.

Segundo informaron fontes policiais, o condutor que deu unha taxa de alcoholemia máis elevada foi interceptado na rúa Antonio Rosón, e o resultado da proba á que foi sometido foi de 1,01 mg/l. O seu coche foi inmobilizado e instruíronse dilixencias para xuízo rápido por un delito contra a seguridade viaria.Igualmente, foron denunciados por vía penal outros cinco condutores, interceptados en controis en varios viarios e que deron resultado positivo no test de alcoholemia, arroxando valores de entre 0,69 e 0,97 mg/l. 

Por outra banda, tamén se tramitaron denuncias administrativas contra outros 6 condutores, que igualmente deron positivo nas probas.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...