InicioLugo e contornaLugoAtrasos no pago de nóminas de empregados de ambulancias denunciados pola CIG

Atrasos no pago de nóminas de empregados de ambulancias denunciados pola CIG

A Confederación Intersindical Galega (CIG) informou nun comunicado que a empresa Lucus Loxística.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciou atrasos no pago das nóminas de empregados de ambulancias da provincia de Lugo. En concreto, a organización sindical informou nun comunicado que a empresa Lucus Loxística, con sede en Becerreá e que leva a xestión das bases de ambulancias para o servizo de transporte urxente 061 de Navia de Suarna, Palas de Rei, Guitiriz, Sarria, Becerreá e Pedrafita do Cebreiro, non materializou o pago dos soldos do mes de marzo.

Isto, segundo cifras da CIG (que non ten representación entre o persoal), afecta a uns 50 empregados, o cal é “preocupante” debido a que supón un “incumprimento contractual” co persoal. Por todo iso, instou á Administración a pór interese no asunto, debido a que pode ser un “claro síntoma de precaridade laboral, que pode repercutir no servizo”,

Precisamente a semana pasada, a CIG tamén denunciou unha situación similar vivida polo persoal da empresa Ambulancias do Atlántico, actual concesionaria do 061 en Vigo, Cangas e Moaña e que tamén presta o servizo de transporte sanitario dos hospitais para toda a área da cidade olívica, que llevarían un ano acumulando atrasos no abono das súas nóminas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

Lugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

O Concello de Lugo celebrará o este venres 13 de novembro o acto institucional...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...