InicioSucesosNova 'quedada' de coches en Lugo con 6 condutores denunciados por alcoholemias...

Nova ‘quedada’ de coches en Lugo con 6 condutores denunciados por alcoholemias e condución temeraria

Un dos participantes sufriu un accidente ao ir borracho no vehículo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha ‘quedada’ de coches o pasado fin de semana no polígono das Gándaras de Lugo saldouse con 6 condutores denunciados por dar positivo nas probas de alcoholemia e por condución neglixente e temeraria.

Segundo informou a Policía Local, esta reunión de condutores tivo lugar na noite do sábado, e concertouse mediante redes sociais. Ao ter coñecemento da ‘quedada’, a Policía Local despregou un dispositivo de vixilancia con indicativos policiais rotulados e outros camuflados.

Con motivo dese dispositivo identificouse e denunciou a un condutor que sufrira unha saída da vía nunha das rúas do polígono e que, ao ser sometido á proba de alcoholemia, arroxou un resultado de 0,65 mg/l. O seu vehículo foi inmobilizado.

Por outra banda, foron detectados outros tres condutores que deron positivo no test de alcoholemia, cuns resultados de 0,35, 0,48 e 0,51 mg/l respectivamente. Ademais das correspondentes sancións e retirada de puntos, os coches tamén foron inmobilizados.

A Policía Local informou tamén da identificación e denuncia doutro condutor, por condución temeraria (enfróntase a sanción de 500 euros e perda de 6 puntos) e outro máis por condución neglixente (proposto para sanción de 200 euros).

Por outra banda, nos diferentes filtros de seguridade viaria establecidos pola Policía durante o fin de semana, tramitáronse denuncias contra catro condutores que circulaba sen ter o carné en vigor, contra dous condutores que deron positivo no test de alcoholemia superando o límite penal, contra outros 6 condutores por alcoholemias administrativas, e 4 condutores que deron positivo no test de drogas.

Así mesmo, foron propostos para sanción 11 condutores que circulaban coa ITV sen pasar no prazo correspondente, e outros 6 condutores que carecían do seguro obrigatorio.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...