InicioCultura'Tratamos demasiado bien a las mujeres', filme presentado en Vilalba e patrocinado...

‘Tratamos demasiado bien a las mujeres’, filme presentado en Vilalba e patrocinado pola Deputación

A longametraxe, rodada integramente en Galicia, é a ópera prima de Clara Bilbao, gañadora de catro Premios Goya. A estrea tivo lugar o venres 5 de abril no Auditorio de Vilalba.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira Morandeira, asistiu este venres 5 de abril xunto á Alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, á estrea da película Tratamos demasiado bien a las mujeres no auditorio vilalbés Carmen Estévez. O filme, da directora Clara Bilbao, foi producido pola galega Ficción Producciones e contou co patrocinio da Deputación de Lugo que fixo unha achega de 15.000€.

A película conta con actores de renome como o lucense Luis Tosar, Carmen Machi, Antonio de la Torre,  Óscar Ladoire, Diego Anido, Cris Iglesias, Camilo Rodríguez ou Iván Marcos, algúns deles presentes no acto de presentación na capital chairega. Parte da rodaxe tivo lugar na escola habaneira da parroquia de San Simón da Costa vilalbesa e participou un equipo de 60 persoas.

Morandeira salientou que esta colaboración forma parte do compromiso mantido pola Deputación coa industria cinematográfica e dun turismo de calidade e sostible a través da promoción do territorio. Así, aformou que “na última década, a Deputación colaborou con máis de 30 producións audiovisuais, o que demostra o noso claro apoio á industria audiovisual lucense e galega”; e engadiu que “películas coma esta axudan a proxectar a nosa provincia como destino cinematográfico, potenciando a riqueza patrimonial e paisaxística que temos  incorporando o turismo ligado ás rodaxes e buscando a complicidade da ilusión, o dinamismo e a maxia que sempre suxire a produción audiovisual”.

SOBRE O FILME

A longametraxe Tratamos demasiado bien a las mujeres, rodada integramente en Galicia é a ópera prima de Clara Bilbao, gañadora de catro Premios Goya. A directora vasca leva á gran pantalla esta comedia negra ambientada na década dos anos 40, baseada no best seller francés On est toujours trop bon avec les femmes, de Raymond Queneau

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...