InicioLugo e contornaLugoO PP de Lugo pide a "intervención inmediata" da rede de auga...

O PP de Lugo pide a “intervención inmediata” da rede de auga do Ceao tras o incendio da nave de despezamentos

Insta a PSOE e BNG a cumprir co recolleito nos informes elaborados tras o incendio de 2021 e renovar a rede de aguas da zona.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Municipal do PP de Lugo solicitou este mércores ao Goberno local a “intervención inmediata” da rede de subministración de auga do polígono do Ceao tras o incendio desatado o martes na nave da empresa Despeces Sidegal, na que resultaron feridas dúas persoas, para renovar unha infraestrutura que conta, denunciaron, “con máis de 40 anos de antigüidade”.

Así se manifestaron este mércores os populares tan só algunhas horas despois de que o corpo de bombeiros de Lugo dese por extinguido o incendio que calcinou na xornada do martes as instalacións da nave de despezamentos situada na Rúa do Vidro do citado polígono empresarial.

Un emprazamento, alertaron desde o PP lucense, onde existen aínda “tubaxes de fibrocemento con máis de 40 anos de antigüidade” que os informes elaborados tras o macroincendio rexistrado no mesmo polígono en abril de 2021 recomendaran renovar ao acabarse “a súa vida útil”.

“Atopámonos ante unha situación que é idéntica á que sufrimos en Lugo hai tres anos. Estamos a falar dun problema real que existe no polígono do Ceao”, manifestou o viceportavoz do PP no Concello de Lugo, Enrique Rozas, para acto seguido reclamar a “intervención inmediata” da rede de subministración de auga do parque empresarial para “evitar”, dixo, que se produzan “males maiores no futuro”.

“Hai informes técnicos que avalan a intervención inmediata na rede de subministración de auga. O noso grupo, ata en tres ocasiones, instou o Goberno municipal a priorizar a seguridade do polígono incluso presentando unha alegación aos orzamentos para destinar unha partida económica á mellora da rede de saneamento”, explicou o viceportavoz dos populares, antes de subliñar que a propia Asociación de Empresarios do Ceao presentou no seu momento “outra alegación” no mesmo sentido.

O PP lucense, que trasladou o seu desexo de “unha rápida recuperación” aos feridos e o seu apoio aos afectados polo incendio, instou a PSOE e BNG a cumprir co recolleito nos informes elaborados tras o incendio de 2021 –que calcinou catro naves do polígono do Ceao– e proceder á “renovación” da rede de augas da zona industrial.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...