InicioLugo e contornaLugoSancionados 19 condutores en Lugo tras dar positivo en alcol e drogas...

Sancionados 19 condutores en Lugo tras dar positivo en alcol e drogas nun control durante a fin de semana

Con motivo do inicio da Samanta Santa intensificáronse os controis no centro urbano.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo abriu expediente sancionador a 17 condutores tras dar positivo na proba de alcoholemia e a outros dous por drogas, segundo informa. A actuación foi durante a fin de semana nun dispositivo especial con motivo do inicio da Semana Santa posto en marcha pola Policía Local e polo que se intensificaron os controis de alcoholemia e drogas en vías do centro urbano.

Así mesmo, no transcurso destes controis foron detectados 11 condutores que non presentaron os seus vehículos á ITV en prazo debido e dous titulares que circulaban carecendo de seguro obrigatorio.

Como resultado deste operativo, detectáronse tamén dous condutores sen permiso de condución na rúa Perpetuo Socorro e Luís Seoane, instruyendo os axentes dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido e inmobilizando o vehículo.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...