InicioLugo e contornaLugoA contaminación dunha fábrica que acumula xa tres sancións afecta á "moi...

A contaminación dunha fábrica que acumula xa tres sancións afecta á “moi mala” calidade do aire hoxe en Lugo

Os niveis de contaminación en Nadela dobran as recomendacións da Organización Mundial da Saúde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cidade de Lugo atópase afectada este sábado por unha calidade do aire moi mala debido á contaminación dunha fábrica situada en Nadela. Segundo a información deste sábado en Meteogalicia, esta calidade do aire moi mala localízase na estación empraza na área rural de Vilar, ao sur da empresa Tableros Hispanos. En concreto, débese ao contaminante PM2,5.

A modo de exemplo sobre este contaminante, un estudo de Ecoloxistas en Acción relacionaba o aumento de concentración de PM2,5 co incremento de ingresos hospitalarios na cidade de Madrid.

O ano pasado, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, informaba o Parlamento de que se impuxeron tres sancións á empresa Tableros Hispanos por incumprimentos da normativa en ruídos, xestión de residuos e verteduras na súa planta de Nadela, en Lugo.

A deputada do BNG Olalla Rodil alertaba nese pleno parlamentario de que a situación é “insoportable” para os veciños de Nadela e urxía medidas á Xunta porque os niveis de calidade de aire en Nadela achéganse ao límite que establece a lexislación española –50 microgramos por metro cúbico– e dobran as recomendacións da Organización Mundial da Saúde.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...