InicioSucesosFoxe á carreira tras ser interceptado conducindo sen carné e tras consumir...

Foxe á carreira tras ser interceptado conducindo sen carné e tras consumir alcol e drogas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 31 anos de idade deuse á fuga na madrugada deste martes en Lugo tras ser interceptado conducindo sen carné e baixo os efectos do consumo de alcol.

Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 04.00 horas, cando os axentes detectaron un vehículo que circulaba de forma irregular pola rúa Santiago. Por iso, procedeuse a darlle o alto, presentando os condutor signos de embriaguez, dando un resultado positivo de 0,67 miligramos por litro de aire expirado nas probas realizadas. Tamén se detectou consumo de metanfetaminas.

Desta maneira, os funcionarios comezaron a instruír dilixencias por un delito contra a seguridade viaria, tratando de identificar o home. Con todo, o individuo fuxiu á carreira, sendo perseguido polos policías, que finalmente o perderon de vista.

A pesar de que o home achegou datos falsos sobre a súa identidade, a investigación permitiu achar o seu verdadeiro nome, detectando á súa vez que carecía de permiso de conducir por non obtelo nunca. Así, instruíronselle dilixencias polos delitos de condución baixo os efectos do alcol e sen carné e de suplantación de identidade.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Accidente en Guitiriz con tres vehículos implicados e un ferido

Varios vehículos víronse implicados este venres, pouco antes do seis da madrugada, nun accidente...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...