InicioA UlloaA Xunta ve o proxecto de Altri "redondo" desde o punto de...

A Xunta ve o proxecto de Altri “redondo” desde o punto de vista ambiental e pide ao Goberno “vontade política”

A conselleira de Economía, Industria e Innovación censura a "irresponsabilidade absoluta" dos que criticaron a viabilidade ambiental do proxecto "nunha semana".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, asegurou este martes que o proxecto da planta de fibras téxtiles que planea a multinacional portuguesa Altri para Palas de Rei é “redondo” desde o punto de vista ambiental, polo que pediu ao Goberno “vontade política”.

Así o sinalou nunha entrevista na Cadena Cope, recollida por Europa Press, onde remarcou a importancia deste proxecto, que suporá un investimento duns 1.000 millóns de euros, xerando na súa construción máis de 4.000 empregados directos e uns 2.500 postos directos cando estea a factoría en funcionamento.

“Iso soamente de forma directa na fábrica. Pero imaxinemos o que pode supor para toda esta comarca a nivel industria auxiliar, e de todo tipo de actividade económica para esta zona. Co cal, consideramos que, desde o punto de vista industrial, é clarísimo que serve para vertebrar dalgunha maneira Galicia, de acomodar unha fábrica importantísima tamén desde o punto de vista da sustentabilidade, da cadea de valor do sector forestal e da fibra e outros procesos industriais, que poderían seguir dos biogases que se xeren na fábrica”, engadiu.

Por iso, para ela é un proxecto “absolutamente redondo” desde o punto de vista ambiental e da sustentabilidade e descarbonización. Ademais, é “clave” para o aumento do peso industrial na comarca. Así, criticou as voces e grupos que critican esta iniciativa, tachándoo de “irresponsabilidade absoluta”, xa que é “imposible” que puidesen analizar nunha semana a viabilidade ambiental do proxecto que se acaba de coñecer.

“Chamaría á responsabilidade das persoas e dos grupos que están a facer iso sen coñecemento real. Porque é imposible para un proxecto tan complexo, unha tramitación ambiental dun proxecto desta índole rolda os 10 meses un ano, de técnicos de todo tipo traballando en proxectos desta índole, que teñen moitísimo oficio, moitísima pericia. Por tanto, creo que hai que ter outro tipo de rigor, outro tipo de ética e de responsabilidade. Falar por falar dunha cousa tan seria, que pode dar para comer a tantas familias e que pode cambiar Galicia e situar á provincia de Lugo industrialmente é unha irresponsabilidade absoluta”, sentenciou a conselleira.

SOLICITUDES AO GOBERNO

María Jesús Lorenzana tamén cargou contra o Goberno central, pedíndolle “vontade política” para avanzar en dous aspectos necesarios para que Altri poida asentarse na Comunidade, xa que na actualidade esta factoría “está no aire”. Para ela, é necesario, por unha banda, que o Executivo de Pedro Sánchez reforce a rede eléctrica na zona onde se vai a instalar Altri. “Esa é unha decisión do Ministerio de Transición Ecolóxica, que tutela Rede Eléctrica, e o Goberno nacional ten que tomar a decisión”, reivindicou.

Por outra banda, referiuse a o financiamento do proxecto, xa que Altri solicita axudas de 200 millóns para levalo a cabo, a través dos fondos europeos. “Isto depende tamén do Goberno central que é quen tomou a decisión de centralizar os fondos. En concreto, do Ministerio de Industria”, apostilou Lorenzana, destacando a “colaboración” da Xunta, aínda que recoñecendo que, a día de hoxe, “non está iniciada a tramitación de ningunha das vías que puidesen levar a ese financiamento do 20% que necesita Altri”.

ÚLTIMAS

Decretada a posta en liberdade do profesor investigado por abusos a varias alumnas

A maxistrada do Xulgado de Instrución número tres de Lugo decretou a posta en...

Deputados provinciais do PP lugués visitan Altri e tildan de “irresponsabilidade” a ausencia de BNG e PSdeG

Deputados provinciais do PP de Lugo visitaron a sede de Altri en Portugal para...

Detida unha parella en Lugo por subtraer o cartón ao avó dela e retirar case 12.000 euros

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, detiveron a unha parella...

Rescatada unha muller de 78 anos que pasou catro horas atrapada nun elevador

A Policía Local de Lugo informou de varios servizos de auxilio aos cidadáns nos...