InicioEconomíaUGT rexeita as condicións do novo convenio da limpeza de Lugo e...

UGT rexeita as condicións do novo convenio da limpeza de Lugo e cre que supón “un desastre” para o sector

O sindicato censura a "falta de empatía" da CIG coas mulleres, pois consideran este convenio "un retroceso".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Federación de Servizos Mobilidade e Consumo UGT de Lugo rexeita as condicións do novo convenio da limpeza na provincia de Lugo tras o acordo asinado pola CIG. Nunha nota de prensa, o sindicato afirma que se desmarca totalmente dese acordo, xa que consideran que supón “un retroceso” nas condicións laborais de todas as persoas traballadoras do sector.

“Non só está por baixo do SMI (Salario Mínimo Interprofesional), senón que, ademais, deixa moi en dúbida a igualdade de dereitos de todas as persoas traballadoras”, expón. Así, UGT sinala que é “lamentable que en pleno século XXI algunhas organizacións sigan separando as condicións laborais dependendo do xénero”.

Para UGT, a CIG “demostra ser un sindicato de xénero e non de persoas”. “A súa falta de empatía coas mulleres deixa ao sector de limpeza cunhas condicións moi precarias, sendo o peor convenio de España, sen dúbida”, censura.

Segundo detalla o sindicato, este 2024 os profesionais do sector da limpeza cobrarán no cómputo anual 15.014,29 euros, “sendo esta contía claramente inferior ao SMI en vigor”. Ademais, reprocha que “no artículo 10 do acordo se atreven a garantir ás persoas traballadoras o SMI vixente en cada momento”. “A CIG alardea de tal logro en toda a prensa, menosprezando a intelixencia das persoas traballadoras. E temos que deixar claro que o SMI o garante o Goberno, non a CIG”, asevera.

ÚLTIMAS

Ferida unha muller por arma branca nunha liorta entre catro persoas

Unha muller resultou ferida ao ser alcanzada por unha arma branca durante unha liorta...

Accidente de tráfico en Chantada: bombeiros liberan ao condutor atrapado

Os bombeiros liberaron empregando material de excarceración ao condutor dun vehículo que sufriu un...

Ángeles Vázquez ve igual de importante o expediente de Altri como o de ampliar unha granxa

A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, asegura que é "igual de importante" para...

Alfonso Rueda e Ana Pontón coinciden no San Froilán

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alfonso Rueda, e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...