Home Lugo e contorna Lugo Atopan en Lugo á rapaza de 15 anos desaparecida en Arteixo

Atopan en Lugo á rapaza de 15 anos desaparecida en Arteixo

0
Atopan en Lugo á rapaza de 15 anos desaparecida en Arteixo
Axentes da Garda Civil | Ministerio do Interior

A rapaza de Arteixo desaparecida foi atopada en perfecto estado na cidade de Lugo este xoves. Así o transmitiu a Garda Civil, que buscaba á menor dende a tarde do mércores, cando saíra a pasear pola zona de Pescanova.

A familia dera aviso ao Instituto Armado logo de que a rapariga, de quince anos, fora vista por última vez arredor das 18.45 horas do mércores.

Non había rastro da menor, que deixara o can atado na rúa. Felizmente, foi ela mesma quen chamou por teléfono ao seu pai, permitindo a localización.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here