InicioPolíticaO PP de Lugo di que o anuncio da rehabilitación da N-540...

O PP de Lugo di que o anuncio da rehabilitación da N-540 dilata tres anos unhas obras que deberían ser urxentes

O PP de Lugo considera insuficiente o anuncio da adxudicación das obras de rehabilitación do firme da estrada nacional N-540 ao asegurar que se dilata tres anos a finalización dunhas actuacións que deberían ser urxentes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

PP de Lugo considera insuficiente o anuncio da adxudicación das obras de rehabilitación do firme da estrada nacional N-540 ao asegurar que se dilata tres anos a finalización dunhas actuacións que deberían ser urxentes. Nun comunicado remitido aos medios despois de que este luns o delegado do Goberno en Pedro Blanco, visitase o Concello de Taboada para pór en valor a adxudicación por 11 millóns da rehabilitación do firme desta vía.

Respecto diso, nun comunicado, o PP sinala que o anuncio dilata tres anos a finalización das actuacións tendo en conta que o prazo de execución é de 38 meses desde o seu inicio, previsto para outubro de 2024. O PP criticou o “triunfalismo” exhibido polo delegado do Goberno e asegurou que “é coñecedor” e, por tanto, “permitidor” de que o seu presidente “condene” aos lucenses a convivir tres anos coa principal vía de conexión con Ourense e o AVE con fochancas que rebentan rodas, palieres, amortiguadores, faros ou lúas.

O PP insiste en que no investimento anunciado, a cantidade prevista para o 2024 non chega aos 200.000 euros, polo que considera que neste ano tampouco se verán grandes avances na mellora desta estrada que está “totalmente intransitable” cando, segundo sinala, “require actuacións urxentes” debido ao seu mal estado. Deste xeito, o PP esixe ao Goberno de Pedro Sánchez que garanta a seguridade dos usuarios e repare de forma inmediata a vía entre os quilómetros 16 e 17 (onde se produciron varios accidentes) antes de que haxa que lamentar un mal maior.

“O DESPREZO A LUGO, UNHA OBVIEDADE”

O PP remarcou que “o desprezo a Lugo” por parte dos socialistas é unha “obviedade” como, segundo sinala, reflíctese na partida orzamentaria do Estado para a conservación e explotación das estradas que asegura que desde o 2018 é un 207 % máis alta para Cataluña que para Galicia.

“O estado do firme é tan deficitario que, do mesmo xeito que ocorre noutras das principais vías de comunicación da provincia, como é a A-6, as fochancas están a ser os responsables dos custos a maiores que teñen que soportar usuarios e transportistas debido aos danos materiais que rexistran os vehículos”. O PP levará ao pleno da Deputación provincial a necesidade do arranxo urxente desta vía, a única que vertebra Lugo coa provincia de Ourense.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo presume de política social con 136 millóns: “construimos 13 residencias en oito anos e a Xunta, 0”

Os orzamentos da Deputación de Lugo crecerán en 2026 ata superar os 135 millóns...

TSXG ratifica a condena a dous homes por traficar con drogas valoradas en máis de 18.000 euros

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...

Detidos tres homes nun operativo policial con 1,6 kg de droga e máis de 1.800 euros

A Policía Nacional desmantelou en Lugo dous puntos de preparación, corte e venda de...

Tatiana Badiola, a moza que visibiliza o ELA cun videoclip e a axuda da IA

Tatiana Badiola Penas ten 32 anos e aínda que orixinaria de Cataluña, pasou a infancia...