InicioLugo e contornaA neve dificulta a circulación na A-6 ao seu paso polas Nogais...

A neve dificulta a circulación na A-6 ao seu paso polas Nogais e Pedrafita do Cebreiro

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) recomendou circular con precaución tamén pola estrada secundaria LU-633.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A neve que caeu nas últimas horas dificulta a circulación na A-6 ao seu paso polos municipios lucenses das Nogais e Pedrafita do Cebreiro. Así o informou a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) que recomendou circular con precaución tamén pola estrada secundaria LU-633, desde o quilómetro 0 de Pedrafita ata o 26 de Ramil, en ambos os sentidos.

A Deputación de Lugo informou de que a cota de neve sitúase sobre os 600-700 metros e en Cervantes e Pedrafita acumuláronse entre 10 e 15 centímetros. Tamén en O Courel e Navia teñen as cotas máis altas.

PROVINCIA DE OURENSE

Na provincia de Ourense a Garda Civil informou de varias actuacións durante a xornada deste venres e na madrugada do sábado, pero actualmente pódese circular con normalidade, salvo a subida á estación de Montaña.

Desta forma, o Instituto Armado detallou que ás 20,00 horas do venres na OU-0704 unha familia tivo que se auxiliada ao quedar bloqueada a dous quilómetros do hotel da estación de montaña de Cabeza de Manzaneda.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...