InicioA UlloaAprobado un proxecto para ampliar o polígono de Palas de Rei

Aprobado un proxecto para ampliar o polígono de Palas de Rei

A Xunta aprobou de forma definitiva o proxecto de interese autonómico (PIA) que permitirá a ampliación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta aprobou de forma definitiva o proxecto de interese autonómico (PIA) que permitirá a ampliación do parque empresarial de Palas de Rei, tal e como se recolle na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) este venres.

Este PIA ten por obxecto desenvolver a terceira fase da ampliación do parque empresarial lucense, unha actuación delimitada na segunda modificación do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia (Psoaeg), aprobada polo Consello da Xunta o pasado mes de decembro.

Os proxectos de interese autonómico son instrumentos de intervención directa previstos na Lei de ordenación do territorio de 2021 co obxecto de planificar e proxectar a execución inmediata de actuacións que transcenden o ámbito municipal, as cales non teñan previsión nin acomodo no plan urbanístico.

Unha vez completadas as fases I e II deste polígono, nas que na actualidade xa non quedan parcelas dispoñibles, esta ampliación permitirá pór á disposición do tecido empresarial da zona unha superficie de case 40.000 metros cadrados nuns 600 metros do núcleo urbano de Palas de Rei, que linda ao oeste coa primeira fase do parque empresarial.

En concreto, o novo desenvolvemento contará con 14 parcelas destinadas a usos industriais e cunha superficie global de 20.755 metros cadrados, case 11.250 metros cadrados reservados para espazos libres e zonas verdes e outros 1.260 metros cadrados para equipamentos.

En canto aos accesos á fase III, farase desde o viario do actual parque empresarial, o que conecta a rotonda existente mediante unha nova vía que dividirá a área industrial resultante en dous partes. Ademais, prevese unha zona verde perimetral ao redor do futuro ámbito que creará unha barreira visual vexetal na zona norte e leste.

ÚLTIMAS

A Xunta dá a autorización administrativa previa a un parque eólico que se situará en Abadín e A Pastoriza, en Lugo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves a resolución do 18 de...

O PP de Lugo reclamará ao Goberno desde os plenos a falta de médicos en Atención Primaria

O PP de Lugo levará aos plenos municipais da provincia iniciativas para reclamar ao...

Miguel Fernández aposta pola continuidade “con pequenos axustes” en urbanismo

O alcalde de Lugo, o socialista Miguel Fernández, asinou o novo decreto de organización do...

Norvento recibe 27,5 millóns de fondos europeos para a planta de cero emisións que construirá en Lugo

Norvento informou este martes de que resultou seleccionada para obter unha axuda do Fondo Europeo...