InicioLugo e contornaA Policía desarticula un punto de venda de drogas en Lugo

A Policía desarticula un punto de venda de drogas en Lugo

Os axentes detiveron a un home como presunto autor do delito.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, co que desarticularon un punto de venda de sustancias estupefacientes na cidade.

Os axentes encargados da investigación de delitos relacionados coa Saúde Pública foron informados dunha trasfega de persoas alleas ao barrio que deambulaban pola zona.

As primeiras pescudas permitiron detectar que un punto de venda de sustancias estupefacientes que fora desarticulado anteriormente estaba de novo activo. Por mor desta información, os axentes estableceron un dispositivo para a comprobación e verificación dos feitos, procedendo á detención dunha persoa e incautando varias doses de cocaína e diñeiro procedente das vendas realizadas.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...