InicioLugo e contornaLugoA CIG denuncia un ataque con ovos á caravana das traballadoras da...

A CIG denuncia un ataque con ovos á caravana das traballadoras da limpeza de Lugo

Levan máis de tres meses en folga para reclamar "un convenio digno".

PUBLICADA O

Por
- Advertisement -

A CIG denunciou un ataque con ovos á caravana das traballadoras da limpeza de Lugo, que levan máis de tres meses en folga para reclamar “un convenio digno”.

O sindicato nacionalista emitiu un comunicado no que rexeita e condena este suceso “covarde e insolidario” e avanzou que estuda presentar denuncia ante a policía.

Segundo detalla a central sindical, esta caravana está instalada fronte á chaira do edificio multiusos da Xunta desde o pasado 21 de novembro co obxectivo de dar visibilidade ás reclamacións das traballadoras da limpeza, que piden a intervención da administración autonómica no conflito.

Ademais, tamén serve como punto de encontro do colectivo e nela permanece durante a mañá e a tarde un piquete de traballadoras, a modo de recordatorio de que seguen en pé “por unhas condicións salariais e laborais xustas”.

“A caravana non lle molesta nin lle estorba a ninguén, a persoa ou persoas ás que se lles ocorreu lanzar os ovos son un claro exemplo de insolidariedade. É un acto indigno que repudiamos de pleno”, afirmou Asunción Castiñeira, representante da CIG.

+ posts

ÚLTIMAS

Opinión: O Dereito Internacional fronte á situación en Venezuela

O Dereito Internacional como ferramenta de Paz O mundo vira xa dúas Guerras Mundiais con...

Cae unha parte do lenzo interior da Muralla de Lugo tras días de choivas intensas e este luns comezará a reparación

Unha parte do lenzo interior da Muralla de Lugo, situado na rúa do Moucho...

Carmela López destaca o labor do Museo Comarcal da Fonsagrada, recoñecido co Butelo de Ouro

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, participou este domingo xunto ao Alcalde...

Entrega Premios Empresarias de Galicia 2026 a cinco empresarias

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este venres en Santiago de...