InicioSociedadeO Claustro da USC comprométese a continuar defendendo as titulacións do Campus...

O Claustro da USC comprométese a continuar defendendo as titulacións do Campus Terra de Lugo

A deputación de Lugo activou o programa de actividades gratuítas, Xunt@s, para contribuír ao envellecemento no rural

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Claustro Universitario da Universidade de Santiago de Compostela acordou “o seu firme apoio ás facultades do Campus de Lugo” e comprometeuse “a continuar defendendo as titulacións adscritas ás mesmas”, algo que a Deputación de Lugo considera un respaldo ao seu presidente, José Tome, na defensa das titulacións que leva facendo desde que saltou a posibilidade de eliminar algunhas.

Segundo trasladou a institución provincial, a USC recolle entre as súas accións continuar defendendo as titulacións esenciais no Campus de Lugo, con relación directa coa identidade da contorna e co tecido social e empresarial, no contexto do Campus Terra, recoñecido a través da significación como campus de especialización no sector agrario e forestal.

José Tome agradeceu a iniciativa do claustro e mostrouse satisfeito por que as reclamacións presentadas ao reitor desen os seus froitos, alegando que é “unha gran noticia para a provincia de Lugo”, pois a USC “comprométese a defender a oferta formativa do Campus, esixíndolle á Xunta que cambie o decreto regulador dos ensinos universitarios oficiais para pechar a porta aos recortes”, postura que afirmou marcar desde o primeiro momento.

Deste xeito, o claustro acordou demandar á Secretaría Xeral de Universidades da Xunta a revisión inmediata do criterio relativo ao número mínimo de estudantes de novo ingreso nas titulacións de grao e máster universitario recolleito no Decreto 222/2011. Do mesmo xeito, tamén solicitará ao Goberno autonómico a revisión e modificación dos criterios de cómputo de alumnado de novo ingreso.

Ademais, o Executivo provincial elevou ao pleno da deputación unha proposta para esixir á Xunta a modificación do decreto, aprobada por unanimidade. Tamén de forma unánime, o Parlamento de Galicia acordou o mantemento das titulacións do Campus Terra e o cambio da normativa proposta polo Grupo Socialista.

PROGRAMA ‘XUNT@S’

Por outra banda, a Deputación activou o programa Xunt@s, con actividades gratuítas, de lecer e formación para contribuír ao envellecemento activo no rural, “enriquecendo a oferta de lecer e cultura dos pequenos concellos para mellorar a calidade de vida dos veciños” e “fixar á poboación no territorio”.

A institución provincial destinou un total de 91.000€ a esta iniciativa organizada da man dos concellos, que consiste nunha serie de 125 xornadas temáticas gratuítas por toda a provincia relacionadas coa saúde, o deporte e as novas tecnoloxías.

Ademais, este venres aprobouse a licitación do contrato para a subministración dunha cisterna de xurro por 110.000€ para a Granxa Gayoso Castro e a adxudicación por outros 90.000? á USC pola elaboración da enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais.

ÚLTIMAS

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian danos en dúas mámoas do Camiño Primitivo na Fonsagrada

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e Mariña Patrimonio veñen de...

Detidos dous veciños de Lugo como autores de varios roubos con forza en vivendas e por tenencia de armas

Axentes da Garda Civil detiveron na estrada LU-612 a dous veciños de Lugo como presuntos autores...

O director dunha fábrica acepta seis meses de cárcere polo accidente dun traballador atrapado nunha paletizadora

O director dunha empresa de fabricación de tubos de PVC situada no municipio de...

Condenado a catro anos de cárcere o home que violou á súa compañeira de piso en Lugo

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a un home de nacionalidade dominicana a catro...