InicioCulturaO lucense Lois Pérez gaña o V Premio María Victoria Moreno do...

O lucense Lois Pérez gaña o V Premio María Victoria Moreno do Concello de Pontevedra por unha obra sobre os nenos dos países máis desfavorecidos

O mestre, poeta, escritor e guionista lucense recoñece que lle interesaba narrar estas situacións ao público xuvenil: "Teño moita esperanza na mocidade, nas novas xeracións, como xente que pode cambiar o estado das cousas e facer deste mundo un lugar mellor".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O mestre, poeta, escritor e guionista lucense Lois Pérez é o gañador do V Premio María Victoria Moreno de literatura xuvenil convocado polo Concello de Pontevedra e a editorial Cuarto de InvernoO alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores; o concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez; e Andrea Jamardo, en representación de Cuarto de Inverno, recibiron este mércores ao escritor premiado.O xurado coincidiu de maneira unánime en seleccionar entre as preto de 30 obras presentadas a que levaba o lema ‘Entrementres e non‘ que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Lois Pérez Díaz e co título definitivo ‘Cartas na escuridade‘. Pola súa banda, o autor expresou o seu agradecemento e destacou que para el “é moi especial gañar un premio que leva o nome de María Victoria Moreno, a que é probablemente é o poeta alófona (xunto a Anne Marie Morris) máis destacada da nosa literatura“.Segundo resumiu, a súa novela “basicamente é unha aventura que ten que ver co medo, coa identidade e coa imposibilidade de ser nalgunhas xeografías do mundo actual”. Trata dunha nena e un neno soldado ugandeses que por circunstancias diversas e o tráfico de persoas, acaban en Doha ás portas do Mundial de Qatar, el traballando nos estadios e ela facendo hoteis sen saber que están os dous no mesmo país despois de anos sen verse.Cartas na escuridade‘ explora un escenario con diversos personaxes entre os que se atopa un condutor de autobús, encargado de desfacerse da correspondencia de persoas subsaharianas que viven en barracóns. O condutor finalmente garda esas cartas e entra en contacto coa realidade destas persoas. Nesta historia tamén hai un par de universitarias cataríes, inventando unha sorte de revoltas, e un francés fillo dun deputado corrupto que ten lazos e negocios cos xeques.O autor recoñece que lle interesaba narrar estas situacións ao público xuvenil: “Teño moita esperanza na mocidade, nas novas xeracións, como xente que pode cambiar o estado das cousas e facer deste mundo un lugar mellor”. O premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno contempla a publicación do texto gañador, seguramente en abril, e unha dotación económica de 4.000 euros.

ÚLTIMAS

Denunciado un mozo por desobediencia por criticar unha detención policial

Un mozo de 18 anos de idade foi denunciado en Lugo por un suposto...

O ex vicepresidente da deputación, Antón Bao, novo responsable local do BNG de Lugo

O exconcelleiro e profesor xubilado Antón Bao foi elixido responsable local do BNG de Lugo tras...

O PP de Lugo reúne nunha publicación os “logros” da Xunta e os “incumprimentos” do Goberno local e este responde

Os membros do Grupo Municipal do PP en Lugo, con Elena Candia á fronte,...

O choque dun coche contra un edificio obriga a cortar a Ronda da Muralla

A Policía Local de Lugo tivo que cortar a circulación na Ronda da Muralla, entre as...