InicioEconomíaBombeiros de Vilalba denuncian o peche do parque comarcal por traslado de...

Bombeiros de Vilalba denuncian o peche do parque comarcal por traslado de efectivos ao de Barreiros

Ademais, sinalan que esta decisión "pon en risco tamén a seguridade da poboación de Barreiros, Sarria e o resto dos municipios da zona de actuación do seu parque", posto que "a partir de agora terán que cubrir unha zona moito máis ampla".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Comité de Folga dos Bombeiros Comarcais acusa o Consorcio de Bombeiros de Lugo de pór en risco a seguridade da cidadanía de Vilalba e contorna ao decidir pechar o parque comarcal desta localidade e recolocar aos seus efectivos no Parque de Barreiros.

Así o trasladaron nunha nota de prensa na que os sindicatos que integran o Comité cualifican de “inxusta” e “inxustificada” esta medida, xa que, segundo denuncian, tómase transcorridas menos de 24 horas do incendio do Hotel Villamartín. “De producirse no día de hoxe, ao ter que esperar aos efectivos de Barreiros aumentaríase o tempo de resposta co que os danos poderían ser maiores”, censuran.

Para CSIF, UGT, CC.OO., Sibgal e CIG o peche do Parque de Vilalba é unha mostra máis de “a mala xestión” do Consorcio provincial contra incendios e salvamento, “que deixa de novo en mans da sorte a seguridade dos veciños e veciñas dos 16 municipios aos que dá servizo”.

Ademais, sinalan que esta decisión “pon en risco tamén a seguridade da poboación de Barreiros, Sarria e o resto dos municipios da zona de actuación do seu parque”, posto que “a partir de agora terán que cubrir unha zona moito máis ampla”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...