InicioEconomíaSolidariedade das delegadas da CIG coas traballadoras da limpeza en "loita por...

Solidariedade das delegadas da CIG coas traballadoras da limpeza en “loita por unhas condicións dignas”

A CIG centrou a súa campaña na relación entre violencia e desigualdade e denunciar o papel das institucións que "fan paripés" en datas sinaladas do feminismo mentres "as condicións materiais se manteñen".

PUBLICADA O

- Advertisement -

As delegadas da CIG manifestáronse este mércores en Lugo no marco da campaña do 25N, que este ano o sindicato desenvolve baixo a lema ‘Non hai violencia que nos pare na conquista da igualdade’.

Segundo informou a CIG, esta mobilización, que foi precedida dun encontro nacional de formación e debate, constituíu tamén unha mostra de apoio e solidariedade das mulleres do sindicato ás compañeiras do sector da limpeza, que levan 38 días en folga para reclamar un convenio digno.

A folga das traballadoras da limpeza “é un exemplo de resistencia e loita” por conseguir unhas condicións salariais e laborais “dignas”, nun sector “altamente feminizado”.

“A vosa loita é a loita de todas as mulleres”, remarcou a secretaria confederal de Mulleres da CIG, Nicolasa Castro, antes de iniciar a manifestación que saíu de diante da Deputación e finalizou na CEL.

Castro remarcou o feito de que, precisamente, son os sectores “máis feminizado” os que nos últimos tempos “protagonizan as loitas “máis duras” pare reverter a “precariedade que padecen”.

“En data como a do 25 de novembro hai que pór en evidencia que entre os varios tipos de violencia que padecemos as mulleres tamén está a violencia da desigualdade mediante dos salarios e das condicións de traballo“, sinalou.

Por iso, este ano a CIG centrou a súa campaña na relación entre violencia e desigualdade e denunciar o papel das institucións que “fan paripés” en datas sinaladas do feminismo mentres “as condicións materiais se manteñen”.

+ posts

ÚLTIMAS

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na...

O PSOE de Lugo esixe a Candia continuar co proxecto de praia fluvial nas Saamasas

O edil socialista Jorge Bustos esixe  a Candia que Lugo non perda os avances...