InicioPolíticaA Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno ordinario do mes de maio aprobou unha moción socialista para impulsar unha iniciativa “que reforce a estabilidade institucional, a lealdade democrática e o respecto á vontade expresada pola cidadanía nas urnas” tras o ocorrido no Concello de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para reclamar un pacto galego contra o transfuguismo político blindado por Lei, co obxectivo de “reforzar a estabilidade institucional, a lealdade democrática e o respecto á vontade expresada pola cidadanía nas urnas”. Así se acordou tras unha moción socialista aprobada co apoio do propio PSdeG, o BNG e o Deputado non adscrito, e cos únicos votos en contra do PP.

“A resposta cidadá foi rotunda, miles de persoas concentráronse na maior mobilización política rexistrada en Lugo en moitos anos. Non podemos permitir que se modifique así a vontade dos veciños e veciñas e tampouco que as mocións de censura queden amparadas por prácticas de transfuguismo”, valorou a Presidenta da institución provincial, Carmela López, antes de entrar ao Salón de Plenos da sede provincial.

Durante o debate, a Voceira Socialista do Goberno, Pilar García Porto, sostivo que o ocorrido no Concello de Lugo “abre un debate de fondo sobre os límites éticos do transfuguismo político”, e advertiu de que “non se pode normalizar que maiorías saídas das urnas se alteren a través da deslealdade política”.

Sinalou que a moción de censura “é un instrumento plenamente legal e lexítimo do noso ordenamento democrático. Pero o seu uso non pode ampararse na mera literalidade da norma cando contradí de fronte o seu espírito. A democracia representativa sostense sobre un principio elemental, e é que a vontade popular expresada nas urnas constitúe a fonte de credibilidade máis importantes das institucións públicas”. Concluíndo que cando ese mandato se altera comprando vontades individuais, o que se debilita é a confianza da cidadanía no propio sistema democrático.

García Porto argumentou ademais que “o problema é converter a traizón política nun mecanismo útil para chegar ao poder”, e criticou que o Partido Popular “normalice prácticas que debilitan a confianza cidadá nas institucións”.

O texto aprobado recolle, entre as diferentes medidas, instar ao PP a dar cumprimento estrito ao artigo 14.2 dos seus propios estatutos, que tipifican como “infracción moi grave” valerse de tránsfugas para constituír ou cambiar maiorías de goberno nas institucións públicas; e en consecuencia, a incoar o correspondente expediente disciplinario ás persoas responsables da operación no Concello de Lugo. E rexeitar o anuncio do presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, de promover unha modificación dos estatutos do partido nese sentido, co fin de eliminar ou debilitar esa tipificación.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...