InicioSociedadeReabren as rutas de catamarán polo Miño tras terminar Naturgy as tarefas...

Reabren as rutas de catamarán polo Miño tras terminar Naturgy as tarefas de mantemento no encoro dos Peares

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo reabre as rutas en catamarán polo río Miño despois de terminar Naturgy os traballos de mantemento no encoro dos Peares. Segundo informa a Deputación nun comunicado, desde este mércores pódense reservar de novo billetes para estas viaxes que a institución provincial viuse obrigada a suspender no mes de outubro pola baixada do nivel de auga debida ás tarefas de Naturgy.

As reservas poden facerse na web reservas.rutasembalses.es. En novembro, funcionarán as dúas rutas, esta de o Miño e a do Sil (viaxes sábados e domingos, con saídas pola mañá e tarde). En decembro, os catamaráns sairán todos os días do 2 ao 10 con motivo da ponte da Constitución. O itinerario parte de Belesar, no municipio do Saviñao.

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, informa de que volve activarse esta “hermosísima ruta, que ten unhas particularidades moi curiosas e que segue sorprendendo a todo aquel que a fai”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...