InicioMovementos sociaisOs sindicatos, dispostos a apoiar a RPT para a Escola Municipal de...

Os sindicatos, dispostos a apoiar a RPT para a Escola Municipal de Música

CIG, AFI-USO e ÁGORA desgranan as condicións baixo as que apoiarían a RPT para desbloquear a situación da Escola Municipal de Música de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os sindicatos están dispostos a apoiar a Relación de Postos de Traballo (RPT) que desbloquearía a situación de inestabilidade na Escola Municipal de Música. AFI-USO, CIG e ÁGORA entenden que, malia que é posible que a medida sexa insuficiente, a modificación puntual e inmediata da organización profesional podería ter importantes vantaxes.

De acometerse a reestruturación en base á RPT, os sindicatos solicitan como condición de partida que afecte exclusivamente a Escola Municipal de Música. Despois, citan cinco criterios a respectar na modificación parcial, comezando pola creación de prazas a xornada completa para o capital humano tanto da Banda Municipal coma da propia Escola, ás que se accedería por promoción interna, quedando as ocupacións actuais reflictidas como prazas a extinguir.

A segunda cuestión é a de simultanear a modificación da RPT cos procesos selectivos para a promoción interna; debido a que a oferta de emprego para 2018 non está aprobada, propoñen nas centrais sindicais que poderíanse contemplar nela estas prazas. O terceiro aspecto derívase da promoción interna, procedemento que non consume taxa de reposición e, polo tanto, “non hipotecarían as ofertas de emprego dos vindeiros anos”.

Seguindo con este plantexamento, a cuarta vantaxe é que evitaríase que todo o vencellado coa Escola Municipal poida entrar no hipotético escenario de xudicialización que arrodea á nova RPT, o que implicaría deixar á institución na mesma situación de bloqueo e inseguridade. Por último, cómpre que a validez da modificación conte co aval dos servizos de Persoal e Intervención, a través dos preceptivos informes que aborden a situación de todo o persoal municipal afectado, procurando solucións individuais e colectivas.

ÚLTIMAS

Gran desprendemento por mór das choivas na Torre de Torés, un BIC en estado crítico

As choivas caídas nas últimas semanas, unidas ao estado de deterioración da edificación, causaron...

O PP de Lugo denuncia que o Goberno central leva sete anos sen cubrir as prazas de médicos do ISM

Os senadores do PP de Lugo denunciaron que o Goberno de España mantén sen...

PSOE e BNG confían en aprobar os orzamentos de Lugo de 131,9 millóns nun pleno de incertezas

PSOE e BNG están convencidos de que os orzamentos para 2026, que foron presentados...

A Deputación arranxará o muro caído na estrada Lugo-Guntín

A Deputación arranxará de forma inmediata un muro da estrada provincial LU-P-2913, que une...