InicioMovementos sociaisUnha asamblea trata este martes da situación "inestable" da Escola Municipal de...

Unha asamblea trata este martes da situación “inestable” da Escola Municipal de Música

Usuarios, profesores e interesados pola Escola Municipal de Música de Lugo están convocados ás 19.00 horas no centro social Uxío Novoneyra

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación de Persoas Usuarias da Escola Municipal de Música (AUESMU) convoca a persoas usuarias, profesorado, grupos políticos e demais persoas interesadas a participar nunha asamblea aberta este martes 6 de novembro. O motivo da cita é a situación “inestable” do servizo público como consecuencia das últimas decisións xudiciais.

A xuntanza pretende dar información á comunidade educativa acerca de cal pode ser a deriva da Escola. “É necesario que o goberno municipal, a dirección e todas as persoas formamos parte da Escola Municipal de Música unamos esforzos de cara a preservar este centro formativo e o seu funcionamento exemplar”.

Será ás 19.00 horas, no salón de actos do centro social Uxío Novoneyra. Dende AUESMU explican que están “dispostos a traballar” por manter o actual modelo público da Escola Municipal de Música. A Asociación indica que é “preocupante” que a seguridade laboral do persoal docente estea en perigo pola xestión indebida do Concello das “cuestións administrativas e laborais pendentes de resolver”.

“Funcionamento exemplar” e “implicación”

Esta desatención, sinalan, contrasta co “funcionamento exemplar” da institución de ensino e a “implicación” do profesorado. Argumentan os usuarios que “non é admisible” que continúen os problemas administrativos despois de seis anos en funcionamento, problemas que “agora, por resolución xudicial, poñen en serio perigo o futuro da Escola Municipal de Música de Lugo”. Achacan esta inquedanza á “deixadez do equipo de goberno”.

Así, lembran en AUESMU que solicitaran en febreiro unha entrevista coa alcaldesa Lara Méndez, logo de trascender a desestimación do recurso presentado polo Concello de Lugo relativo á invalidación da Relación de Postos de Traballo. A modificación plantexada polo executivo local, e tombada pola xustiza, pretendía que membros da Banda Municipal puidesen impartir clases na Escola. 

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...