InicioSociedadeIdentifican a un home en Lugo mentres collía bolsas de lixo de...

Identifican a un home en Lugo mentres collía bolsas de lixo de colectores para lanzalas á vía pública

Por outra banda, a Policía Local de Lugo tamén formulou esta fin de semana unha denuncia contra outra persoa que se enfrontou aos axentes que trataban de que non se montase na súa moto ao percartarse de que presentaba síntomas de embriaguez. Ao subirse igualmente, sometéuselle á proba de alcoholemia, onde arroxou un resultado positivo de 0,92 mg/l.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home foi identificado pola Policía Local de Lugo mentres collía bolsas de lixo dos colectores e lanzábaas á vía pública. O suceso produciuse na madrugada do sábado 1 de outubro na Avenida da Coruña da cidade luguesa, segundo informou a Policía Local este luns.

O individuo foi identificado e proposto para dúas sancións, unha por vulnerar a Lei de Residuos de Galicia e outra por infracción da Seguridade Cidadá, polo que se expón a unha multa de ata 30.000 euros.

Por outra banda, a Policía Local de Lugo tamén formulou esta fin de semana unha denuncia contra outra persoa que se enfrontou aos axentes que trataban de que non se montase na súa moto ao percartarse de que presentaba síntomas de embriaguez.

Os policías observaron a este home no momento en que trataba de subirse á motocicleta “con moita dificultade” e, por tanto, ordenáronlle que depuxese a súa actitude, o que este aceptou e dixo que se ía para a súa casa.

Con todo, cando os axentes abandonaban en lugar escoitaron o son da moto, co que regresaron para darlle o alto e sometelo á proba de alcoholemia, na que arroxou un resultado positivo de 0,92 mg/l.

Mentres esperaban á segunda proba, o home empezou a enfrontarse aos policías con insultos. Tras formularse a denuncia e inmobilizar o vehículo, a patrulla marchouse, pero, minutos máis tarde, o mesmo condutor volveu ser localizado aos mandos da súa moto.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...