Axentes da Policía Local de Lugo instruíron dilixencias contra un condutor que deu positivo nas probas de alcoholemia tras sufrir un accidente de tráfico.
En concreto, o suceso ocorreu na madrugada deste venres na rotonda que enlaza o polígono industrial das Gándaras co Ceao. Un dos vehículos implicados circulaba polo carril interior da rotonda e outro polo exterior e chocaron.
Tras acudir á zona, os axentes observaron que un dos condutores presentaba signos de embriaguez, polo que lle realizaron próbalas pertinentes, que deron un resultado positivo de 0,88 mg/l.
Doutra banda, na Rolda Norte produciuse tamén esta madrugada un accidente no carril de adiantamento anterior á rotonda de acceso ao polígono das Gándaras, onde se viron implicados dous vehículos.