InicioCulturaA festa da filloa de Muimenta recibe o premio á excelencia turística...

A festa da filloa de Muimenta recibe o premio á excelencia turística da provincia de Lugo

'A Mariña en ruta', un programa de visitas guiadas polos concellos que forman parte do xeodestino, estrea unha nova edición.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A festa da filloa de Muimenta recibiu o premio á excelencia turística da provincia de Lugo, segundo informa a Deputación ProvincialA vicepresidneta do consello provincial de Turismo e deputada de Promoción do Territorio, Pilar García, presidiu, no Día Mundial do Turismo, o acto de entrega da cuarta edición destes premios.

Por outra banda, o deputado de Recursos Sustentables, alcalde de Foz e presidente da mancomunidade de municipios da Mariña, Francisco Cajoto, presentou este mércores unha nova edición de ‘A Mariña en ruta’, un programa de visitas guiadas polos concellos que forman parte do xeodestino e co que colabora a Deputación.

Ademais, o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o vicepresidente Efrén Castro presentaron, pola súa banda, xunto a representantes da Asociación Deportiva Cultural de Fonsagrada a nova edicion da ruta de ciclismo de montaña que reunirá o 30 de setembro a afeccionados de Galicia, Asturias, Castela e León, País Vasco e Madrid.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece unha persoa tras saír da vía e dar varias voltas de campá

Unha persoa faleceu este domingo en Lugo tras saírse da vía e dar varias...

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...