InicioLugo e contornaLugoAchan dúas lápidas de orixe romana durante as obras de peonalización dunha...

Achan dúas lápidas de orixe romana durante as obras de peonalización dunha rúa en Lugo

DUnha está en moi bo estado de conservación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas lápidas funerarias de orixe romana de relevante valor histórico foron achadas durante as obras de peonalización que o Concello de Lugo leva a cabo na rúa Quiroga Ballesteros. Diso informou o Concello de Lugo, que explica que na primeira inspección levada a cabo polo Servizo municipal de Arqueoloxía constatouse que as pezas teñen un relevante valor histórico, xa que a súa dotación sitúase entre o século I e II.

As pezas atópanse fóra do contexto funerario para o que foron concibidas, polo que os arqueólogos consideran que puideron pertencer a un mausoleo dunha necrópole próxima, como a localizada na Praza de Ferrol nas escavacións arqueolóxicas dos aparcadoiros subterráneos en 1986. Esta fora desmantelada en período romano para ampliar a cidade amurallada e os seus restos foron reutilizados con posterioridade para distintos proxectos de obra civil e edificacións.

O Concello de Lugo destaca que unha das lápidas atópase nun excelente estado de conservación e contén información de valor histórico relevante. Así, na súa inscrición pódese apreciar o seu carácter funerario pola utilización da fórmula ‘Dis Manibus’ (implorando a protección dos deuses Manes, os deuses dos defuntos), que pertenceu ao sepulcro dunha muller chamada posiblemente Rufina.

En Concello sinala que na outra lápida non se observa aparentemente ningunha inscrición, polo que todo indica que estaba alisada e preparada para ser gravada pero que nunca chegou a facerse, aínda que indica que é necesario esperar a probas posteriores para confirmalo.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, avanzou este venres que a intención do goberno local é que, unha vez cumprido con todo o proceso regulamentario, as pezas poidan ser expostas dentro da rede museística municipal. “A aparición de restos arqueolóxicos desta relevancia supón unha excelente noticia para a nosa cidade. A recuperación e posta en valor do noso patrimonio supón unha oportunidade para todas e todos os lucenses”, considera a rexedora, que asegura que traballarán para “desenvolver todo o seu potencial”.

Por último, a rexedora indicou que o achado non afecta o desenvolvemento dos labores que se realizan en Quiroga Ballesteros. Neste momento, ambas as lápidas atópanse xa custodiadas polo arqueólogo da empresa adxudicataria da obra e serán inventariados para notificar a súa aparición á Consellería de Cultura.

ÚLTIMAS

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...