InicioSucesosDetido un veciño de Lugo por unha suposta agresión contra a súa...

Detido un veciño de Lugo por unha suposta agresión contra a súa parella

O home recoñeceu que discutira con ela, pero negou tela agredido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un veciño da cidade como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir supostamente á súa parella nun domicilio da cidade.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite deste pasado luns, cando a sala do 092 recibiu un aviso para acudir a un domicilio da Avenida Vila Verde por unha agresión machista.

A muller que requiriu a presenza policial explicou aos axentes que tivera unha discusión coa súa parella e que el a empuxou e deulle un golpe nunha man, referindo dor nos dedos.

O home recoñeceu que discutira con ela, pero negou tela agredido. Os axentes procederon á súa detención, momento en que a muller sufriu un ataque de ansiedade, aínda que se negou a ser atendida polos profesionais sanitarios da ambulancia que chegou ao lugar.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...