InicioSociedadeExtinguido o incendio forestal de Palas de Rei tras calcinar 126 hectáreas

Extinguido o incendio forestal de Palas de Rei tras calcinar 126 hectáreas

A superficie afectada foi de 126,09 hectáreas, das cales 117,59 corresponden a monte raso e 8,5 a arboledo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural dá por extinguido o incendio forestal rexistrado no municipio lucense de Palas de Rei, que queimou unhas 126 hectáreas de terreo. Segundo a información da consellería, o lume, iniciouse o pasado venres na parroquia de Orosa, e quedou extinguido sobre as 12.25 horas deste luns. A superficie afectada foi de 126,09 hectáreas, das cales 117.59 corresponden a monte raso e 8,5 a arboledo. Na extinción deste lume, apuntou a Xunta, mobilizáronse catro técnicos, 28 axentes, 26 brigadas, 22 motobombas, tres pas, cinco helicópteros e catro avións.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...