InicioSociedadeA Garda Civil investiga en Lugo novas ciberestafas baixo o modus operandi...

A Garda Civil investiga en Lugo novas ciberestafas baixo o modus operandi do ‘familiar en apertos’

O modus operandi involucra o envío de mensaxes de texto a través de aplicacións de mensaxería, SMS, correos electrónicos ou mesmo chamadas telefónicas, nos cales se afirma que o suposto fillo ou filla está a enfrontar un problema financeiro ou doutra índole.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil de Lugo alertou a través dun comunicado dun recente repunte da modalidade de ciberestafas do ‘familiar en apertos’, que afectou a residentes da provincia.

A táctica adoptada polos ciberdelincuentes, destaca a Garda Civil, “implica unha sofisticada suplantación de identidade, consistente en facerse pasar por fillos ou fillas que se atopan en aprietos” para reclamar unha transferencia económica.

O modus operandi involucra o envío de mensaxes de texto a través de aplicacións de mensaxería, SMS, correos electrónicos ou mesmo chamadas telefónicas, nos cales se afirma que o suposto fillo ou filla está a enfrontar un problema financeiro ou doutra índole. A solicitude de axuda preséntase “como urxente e crítica, o que presiona ás vítimas a tomar medidas rápidas, aproveitando esta conxuntura para solicitar asistencia financeira”.

Ante este tipo de situacións, os axentes recomendan manter a calma en caso de recibir mensaxes, SMS, correos electrónicos ou chamadas inesperadas de familiares en situacións de apuro e verificar a identidade do remitente a través de métodos independentes, como unha chamada telefónica a un número coñecido, antes de realizar calquera acción. Ademais, aconséllase non compartir información persoal nin financeira a través de mensaxes electrónicas ou canles non seguras.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...