InicioSociedadeDenuncian unha agresión a dous funcionarios no cárcere de Monterroso

Denuncian unha agresión a dous funcionarios no cárcere de Monterroso

PUBLICADA O

- Advertisement -

 Sindicato CSIF denunciou unha agresión a dous funcionarios no Centro Penal de Monterroso por parte dun interno do penal lucense.

Segundo indicou o sindicato a través dunha nota de prensa, o incidente produciuse o domingo sobre as 14,15 horas. Ao parecer, o interno comezou a gritar e a insultar aos funcionarios. Por este motivo, en presenza do xefe de servizos e de varios funcionarios, foi esposado e aplicáronlle illamento provisional.

Unha vez no departamento de illamento, quitáronlle as esposas e, nese momento, o interno “aproveitou para abalanzarse e agredir ao funcionario cun cabezazo no tabique nasal”, ademais de “pegar patadas” a outro traballador do penal. Como consecuencia deste “súpeto ataque”, resultaron feridos estes dous funcionarios de diversa consideración e foron levados ao centro hospitalario de referencia.

A Sección Sindical da CSIF do Centro Penal de Monterroso quixo lembrar que os funcionarios de prisións seguen “sen ser nomeados axentes da autoridade”, algo que, segundo destaca, “xera unha sensación de impunidade nos internos” e, en consecuencia, “as agresións aos funcionarios de prisións aumentan preocupantemente”.

“DEFICIENTE POLÍTICA DE TRASLADOS”

Por outra banda, CSIF afirmou que xa denunciou en varios escritos a “deficiente política de traslados” de poboación recluída ao centro monterrosino, sen que ata o momento recibise resposta.

Así, a sección sindical considera que a situación é “inadmisible“, posto que recentemente este centro foi clasificado como Grupo C, é dicir, con “poboación con baixo perfil conflitivo, en réxime de semi-liberdade ou con aplicación de penas e medidas alternativas”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...