InicioSociedadeCCOO urxe negociación para regular a xornada laboral no consistorio de Lugo,...

CCOO urxe negociación para regular a xornada laboral no consistorio de Lugo, que avoga por unificar normativa

"Esta decisión anula a recuperación de horas as tardes dos martes e xoves, xa imposible en xullo, ou estar polo menos ata as 15.30 horas", afirma.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Comisións Obreiras (CCOO) reclamou ao goberno local de Lugo negociación para regular a xornada laboral no consistorio que, pola súa banda, avoga por unificar normativa. A representación sindical puxo de manifesto esta cuestión tras denunciar, a través dun comunicado, a decisión de que o Seminario Menor e a Casa Consistorial abrisen en agosto de 07.00 horas a 15.00 horas.

“Esta decisión anula a recuperación de horas as tardes dos martes e xoves, xa imposible en xullo, ou estar polo menos ata as 15.30 horas”. “Únicas medidas de ‘conciliación’ que ten o concello para o persoal, aínda que moitas traballadoras e traballadores nin sequera contan con esta medida”, sostén o escrito.

A sección sindical de CCOO no Concello de Lugo argumenta que a cuestión pasa por ter aprobado un horario de verán cunha redución de xornada “que facilitase a conciliación”. A iso, suman unha mesa de negociación para regular a xornada laboral, a conciliación e o teletraballo. Por todo iso, solicitan unha solución, cuestión á que desde o sindicato non tiveron resposta. “Tivemos desde o 2020 dúas mesas traballo sen resultados e, ao non resolver, hai xente que ten problemas que noutras administracións xa están resoltos”, apuntaron.

RESPOSTA MUNICIPAL

Á súa vez, desde o goberno local manifestaron que, antes de concluír o anterior mandato, “acordouse reducir o horario de peche das instalacións ás 15.30 horas os martes e os xoves dos meses de xullo e agosto”. “O axuste do horario anunciado polo concello para agosto o que fixo foi adiantar 30 minutos ese horario de peche eses dous días para facilitar a confección das quendas de traballo nos meses de verán”, precisaron, ademais de limitar o desacordo exclusivamente ao sindicato CCOO.

Sobre a regulación da xornada laboral, engaden que esta cuestión “xa se empezou a tratar” por parte do novo concelleiro de Economía e Recursos Humanos, Pablo Permuy, no primeiro encontro cos representantes sindicais. Tamén precisan que o goberno local “coincide” con eles “na necesidade de unificar nunha única normativa todos os aspectos que regulan a xornada laboral”. Así mesmo, avanzan que este tema se abordará nas próximas reunións a partir de setembro.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP esixe a Carmela López que aparte “de maneira fulminante” a José Tomé tras ratificarse a denuncia por acoso

Os deputados do Grupo Provincial do Partido Popular esixiron á presidenta da Deputación, Carmela...

María Reigosa presidirá a Comisión de Urbanismo no Concello de Lugo sen votos en contra

O Concello de Lugo constituíu este xoves as diferentes comisións previas de pleno e...

O Concello de Lugo asina acordos para mercar terreos para a conexión da Intermodal coa cidade

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Urbanismo, Ramón Cabarcos, informaron...