InicioSociedadeContinúa na UCI en estado grave a muller acoitelada o venres por...

Continúa na UCI en estado grave a muller acoitelada o venres por un veciño en Samos

A ferida presentaba lesións graves por arma branca no pescozo e no tórax. O presunto autor dos feitos, de 49 anos, ingresou o domingo en prisión provisional, comunicada e sen fianza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

muller de 73 anos que o pasado venres foi acoitelada por un veciño de Samos continúa grave e na unidade de coidados intensivos do hospital de Lugo, segundo confirman este luns fontes sanitarias. O presunto autor dos feitos, de 49 anos, ingresou o domingo en prisión provisional, comunicada e sen fianza investigado por un delito de asasinato a un home, de 82, e por tentativa de homicidio á muller deste, que segue na UCI.

A ferida presentaba lesións graves por arma branca no pescozo e no tórax. Ao lugar desprazáronse o helicóptero do 061 con base en Ourense, así como o médico e a ambulancia da zona. Dos feitos tívose constancia pasadas as 8.00 da mañá. Segundo o 112, un particular alertou de que unha persoa fora apuñalada na parroquia de San Mamede do Couto, no lugar de Lamas. Ata alí trasladáronse os servizos sanitarios, ademais de efectivos da Garda Civil que procederon á detención do presunto autor dos feitos.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...