InicioSociedadeO Concello contrata a mellora da iluminación do Parque de Rosalía en...

O Concello contrata a mellora da iluminación do Parque de Rosalía en clave de “aforro enerxético” e “perspectiva de xénero”

Trátase de evitar 'zonas escuras' que poidan supoñer un risco para as mulleres.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno de Lugo informou de que se procederá a contratar a mellora da iluminación do Parque de Rosalía “con criterios de aforro enerxético e perspectiva de xénero“. A obra, que suporá un investimento de 162.073 euros, será adxudicada a empresa Hallmann Energie S.L. na xunta de goberno que se celebra este mércores na Casa Consistorial.

Así o anunciou a alcaldesa, Lara Méndez, quen enmarcou esta actuación dentro do programa Edusi-Muramiñae, cofinanciado ao 80 % con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional. “Co fin de avanzar na conservación e coidado deste enclave único da cidade, levaremos a cabo a renovación e adecuación da instalación existente. Os traballos inclúen a actualización de luminarias, canalizacións, centros de mando e demais compoñentes“, explicou.

Con este paso, aspírase a incrementar a eficiencia enerxética da iluminación pública nos espazos que dan servizo á pista de patinaxe, á caseta de xardinaría, ao mapa, e o estanque, entre outras localizacións. “Entre os obxectivos desta intervención está pór en valor emprazamentos singulares do parque, considerado unha contorna de protección patrimonial, de forma que conviden ao uso cidadán do espazo público e revertan directamente nunha maior seguridade desde a perspectiva de xénero, xa que se colocarán tamén novos puntos de reforzo para evitar zonas consideradas escuras“, dixo Méndez.

“As localizacións actuais, iso si, respectaranse de forma que, tras a limpeza das columnas e brazos existentes, cun alto valor decorativo e que pretendemos conservar, levarase a cabo a súa restauración correspondente, substituíndo a tecnoloxía de iluminación antiga por outra máis moderna e eficiente”, remarcou. Finalmente, apuntou que, co fin de evitar actos vandálicos nos centros de mando, estarán protexidos fronte á manipulación de persoas alleas.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...