InicioPolíticaLara Méndez di que Rueda non adianta as galegas porque "non ten...

Lara Méndez di que Rueda non adianta as galegas porque “non ten garantida” a maioría absoluta

Pola súa banda, o responsable do Executivo galego reivindica a "estabilidade" que achega a maioría absoluta dos populares en Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asegurou que o Partido Socialista “está preparado” para unhas eleccións autonómicas e sinalou que se o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, non as convoca de maneira anticipada é porque “non ten garantida” a maioría do Partido Popular.

“Isto de non acabar os mandatos só obedece a ver unha oportunidade electoral e, por tanto, se non fai esa convocatoria anticipada é porque non ten garantida esa maioría do Partido Popular a falta de poder ter interlocutores cos que poder chegar a acordos”, dixo a rexedora coincidindo co pleno municipal celebrado este xoves. Fíxoo en alusión a unhas declaracións realizadas o mércores polo presidente do PP galego nas que afastaba a hipótese dun anticipo dos comicios galegos.

No seu discurso, na reunión da xunta directiva do PPdeG celebrada en Santiago, o responsable do Executivo galego tamén aproveitou para reivindicar a “estabilidade” que achega a maioría absoluta dos populares en Galicia, onde, segundo recalcou, continuarase “gobernando“ de acordo co mandato cidadán.

Rueda é “quen ten a potestade para adiantalas ou non”, lembrou Méndez, quen engadiu que “se non o fai é porque non o ve nada claro“, tras recalcar que “en todo caso, o Partido Socialista está preparado para cando así o decida”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...