InicioSucesosA Policía Local de Lugo intercepta a un condutor que circulaba sen...

A Policía Local de Lugo intercepta a un condutor que circulaba sen carné e a outros dous ebrios

Intervén, tras ser alertada, nunha discusión de parella na Rúa Castelao

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo informou de que, na madrugada do 24 ao 25 establecéronse diversos filtros de seguridade viaria no centro urbano e que foi interceptado na Rúa Río Lor un condutor que circulaba de forma irregular. Ao darlle o alto, comprobouse que carecía de permiso ao perder todos os puntos.

Tras a ratificación deste feito, procedeuse a instruír dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na súa modalidade de xuízo rápido e procedeuse a inmobilizar o vehículo.

Así mesmo, na Rúa San Roque deuse o alto a un vehículo, comprobando que o seu condutor presenta signos de embriaguez. Como resultado das probas deu un resultado positivo de 0,47 mg/l, polo que se lle abriu expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución. Ademais, inmobilizouse o vehículo.

Igualmente, nun control establecido na Rolda da Muralla detectouse un condutor que presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas regulamentarias. Nelas, arroxou un resultado positivo de 0,68 mg/l, tras o que se lle sancionou cunha mula de 1.000 euros e a retirada de seis puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.

ÚLTIMAS

Denunciado un mozo por desobediencia por criticar unha detención policial

Un mozo de 18 anos de idade foi denunciado en Lugo por un suposto...

O ex vicepresidente da deputación, Antón Bao, novo responsable local do BNG de Lugo

O exconcelleiro e profesor xubilado Antón Bao foi elixido responsable local do BNG de Lugo tras...

O PP de Lugo reúne nunha publicación os “logros” da Xunta e os “incumprimentos” do Goberno local e este responde

Os membros do Grupo Municipal do PP en Lugo, con Elena Candia á fronte,...

O choque dun coche contra un edificio obriga a cortar a Ronda da Muralla

A Policía Local de Lugo tivo que cortar a circulación na Ronda da Muralla, entre as...