InicioPolíticaFormoso fai un chamamento en Lugo ao voto xuvenil fronte a unha...

Formoso fai un chamamento en Lugo ao voto xuvenil fronte a unha dereita “que trata á mocidade como borregos”

O secretario xeral do PSdeG asegurou que cada vez que goberna a dereita "coarta a capacidade formativa subindo as taxas universitarias e reducindo o orzamento en bolsas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, fixo un chamamento en Lugo ao voto xuventil fronte ás opcións de dereita que “tratan á mocidade como borregos”.

Así o manifestou nun acto este domingo dirixido aos mozos, coa participación das Xuventudes Socialistas, no que tamén participou a cabeza de lista ao Congreso pola provincia, José Ramón Gómez Besteiro, e a alcaldesa, Lara Méndez.

Dende alí, Formoso pediulle aos máis novos o apoio para un PSOE que nos seus 144 anos de historia fixo “bandeira do avance social” da mocidade.

Fronte aos socialistas, situou a unha dereita que cada vez que goberna “coarta a capacidade formativa subindo as taxas universitarias e reducindo o orzamento en bolsas“.

Sinalou tamén que “quen non concibe á mocidade como persoas libres tamén sexualmente non merece gobernar o país, e emprazou á mocidade galega a reflexionar sobre a relevancia da próxima convocatoria electoral, “probablemente a data máis importante dos últimos 40 anos deste país”.

Nestes comicicios, destacou, os galegos tamén decidirán entre “consolidar os avances sociais” da man dun PSOE que “representa á maioría deste país que se chama Galicia e que se chama España” ou “volver 40 anos atrás, ao branco e negro e dúas formacións para nada europeístas” e “incorporar o retroceso histórico ao goberno”.

“INFLUENCERS DA DEMOCRACIA”

Pola súa banda, a cabeza de lista ao Congreso pola provincia de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, subliñou despois deste encontro a reflexión da mocidade galega de “ser verdadeiros ‘influencers’ da democracia”.

Así, aplaudiu o seu compromiso na defensa dos valores e liberdades fronte a “unha vida pasada” dunha España “peor” con “ditaduras e censuras que non lembraban” porque eles non naceran.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...