InicioSucesosDetido un home acusado dun delito de violencia de xénero contra a...

Detido un home acusado dun delito de violencia de xénero contra a súa parella

A Policía Local acudiu despois de que varios veciños alertasen preto das cinco da mañá da discusión dunha parella na vía pública.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home foi detido por un suposto delito de violencia de xénero en Lugo despois de que varios veciños alertasen sobre as 4:40 horas da discusión dunha parella na vía pública.

Unha vez no punto, conforme informou a Policía Local, os axentes entrevistáronse con testemuñas, que manifestaron que tras unha discusión, a muller refuxiouse no interior dun vehículo, ao que o home tentaba acceder á vez que insultaba á muller.

Segundo o relato policial, aínda que o home chegou a arrincar a manilla dunha das portas, a presunta vítima, que manifestou que ambos eran parella, declinou o ofrecemento de asistencia sanitaria. Os axentes procederon á detención do home, que foi trasladado a dependencias policiais para a práctica das oportunas dilixencias por un suposto delito de violencia de xénero.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

Lugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

O Concello de Lugo celebrará o este venres 13 de novembro o acto institucional...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...