InicioSociedadeArrinca o XXII Arde Lucus, coa ocupación hoteleira case ao cento por...

Arrinca o XXII Arde Lucus, coa ocupación hoteleira case ao cento por cento

Primeira edición coa cateoría de Fieste de Interese Turístico Internacional, que coincide co San Xoán e un campionato de billar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A ocupación hoteleira na cidade de Lugo roza o cento por cento nunha semana marcada pola celebración da XXII edición do Arde Lucus, tal e como destacou o presidente da Asociación Provincial de Hostalaría, Cheché Real, que estima unha gran presenza de turistas e visitantes entre o 22 e o 25 de xuño, especialmente o sábado 24.

Fai dez días, o sector xa anunciara que as reservas se situaban “entre un 70% e un 89%” debido á inestabilidade meteorolóxica, pero espérase que estes días se disparen as temperaturas en Lugo pola chegada dun anticiclón. Deste xeito, o sábado espérase alcanzar os 34 graos.

Esta festa de recreación histórica do pasado romano e castrexo da cidade arrinca oficialmente este xoves, día 22 de xuño, ás 21,00 horas, coa entrada das lexións romanas ao mando do xeneral Caio Antistio “O Vello” e a toma da cidade na ponte romana. As as 22,30 horas continuarán os eventos de inauguración co aceso do lume sacro de Vesta na Praza Maior.

As festas prolongaranse ata o domingo pola noite, co gran concerto de Hijas de Cassandra tras a firma da paz entre romanos e tribos galaicas. A edición deste ano é a primeira coa categoría de Festa de Interese Turístico Internacional. En 2017, o Arde Lucus xa se converteu en Festa de Interese Turístico Nacional, pero o ano pasado deu un paso máis cara ao recoñecemento internacional da man do Concello de Lugo, que chegou en marzo.

+ posts

ÚLTIMAS

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Un total de dez ofertas presentáronse para construír as 152 novas vivendas públicas en Garabolos licitadas por 26,5 millóns

A Xunta de Galicia recibiu un total de 10 ofertas para construír 152 novas...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na...