InicioSociedadeLugo celebra a ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento...

Lugo celebra a ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento xunto ao novo alcalde de Ourense

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este domingo a tradicional ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, que conmemora o seu 351 aniversario. A ofrenda realizouna o novo rexedor de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

Antes do acto principal, Méndez recibiu a Jácome na Casa do Concello, onde este asinou no Libro de Ouro. O rexedor da cidade das Burgas asegurou “sentirse honrado” por iniciar o seu mandato sendo o oferente da cerimonia. Así, desexou “que mellore o camiño, que aumenten os camiñantes e así as cruces entre as dúas cidades xemelgas de Galicia, Ourense e Lugo”.

A continuación, tivo lugar o tradicional intercambio de agasallos. O alcalde ourensán entregoulle a Méndez un afiador de cerámica Galos. Esta, á súa vez, regaloulle unha voluta de Sargadelos, “un signo identitario do pobo” en recordo da súa participación “nunha tradición que ten máis de tres séculos de historia e que é a única celebración que se conserva para conmemorar o Antigo Reino de Galicia”.

Ademais dos dous rexedores, tamén participaron na ofrenda o alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero e representantes do Antigo Reino de Galicia de Betanzos, Tui e A Coruña. Tamén, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; entre outros.

A comitiva partiu do Concello ao redor das 11,00 horas xunto á Real Banda de Gaitas de Ourense ata a Catedral de Lugo. Alí, durante o oficio relixioso, Jácome apelou á axuda do Santísimo “para xestionar con éxito, polo ben da comunidade, o novo futuro que se abre ante nós, marcado polos efectos do duro pasado recente, as aceleradas innovacións tecnolóxicas e os profundos cambios sociais, co obxectivo de construír unha sociedade xusta, igualitaria, sa, próspera, e respectuosa cos dereitos humanos e cidadáns”. A xornada festiva concluíu cunha comida de confraternidade nun restaurante da capital.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...