InicioSucesosIdentificada unha veciña de Lugo por agredir a un home no seu...

Identificada unha veciña de Lugo por agredir a un home no seu edificio

A noite tivo outros sucesos relacionados con seguridade vial, onde se interceptaron varios vehículos excedendo os límites de velocidade e outros conductores baixo os efectos do alcohol.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron a unha veciña da cidade como presunta autora dun delito de violencia no ámbito doméstico, tras agredir presuntamente a un home, e terá que presentarse en dependencias policiais cando sexa requirida.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite deste xoves, cando o 092 recibiu unha alerta para acudir a un domicilio da cidade onde se estaba producindo unha forte discusión. Os axentes foron recibidos por unha muller, en evidente estado de nerviosismo, que se atopaba acompañada polos seus fillos menores, de 8 e 2 anos de idade. A muller asegurou aos policías que só estaban os tres, pero acabou confesando que estaba tamén alí un home.

Os funcionarios falaron co home, que explicou que fora agredido por ela, e presentaba erosións en brazos, pescozo, boca e un ollo. O home explicoulles que o único que quería era abandoar o domicilio, cousa que fixo finalmente.

Pola súa banda, a muller manifestou que non tiña con quen deixar aos seus fillos, polo que a Policía identificouna e advertiulle de que tería que comparecer en dependencias policiais cando fose citada, para instruír dilixencias por un presunto delito de violencia doméstica.

MÁIS INTERVENCIÓNS

Por outra banda, a Policía Local de Lugo informou de diversas intervencións realizada no marco de varios filtros de seguridade viaria. Neses controis, vixiáronse 934 vehiculos e foron denuncidaos 35 condutores por exceso de velocidade.

Por outra banda, na Ronda de Fingoi foi interceptado un condutor que circulaba a pesar de que ten o permiso retirado por sentenza xudicial. Ademais, ese condutor foi sometido a un test de alcoholemia, e deu resultado positivo (0,54 mg/l). Ademáis outros dous condutores máis deron positivo neste test.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...