InicioSociedadeLugo estará en alerta amarela nesta noite por choivas fortes

Lugo estará en alerta amarela nesta noite por choivas fortes

PUBLICADA O

- Advertisement -

A proximidade a Galicia do centro dunha borrasca atlántica traerá á comunidade un episodio de chuvascos localmente fortes na noite deste mércores ao xoves.

En concreto, desde as 21,00 horas deste mércores ás 6,00 horas do xoves, Meteogalicia avisa dun episodio de choivas fortes que afectará a varias zonas galegas, con choivas que poderían superar os 15 litros por metro cadrado nunha hora.

As zonas afectadas son a provincia de Lugo, tamén as áreas sur e noroeste da provincia ourensá, así como o río Miño, e o interior de Pontevedra. Nos últimos días rexistráronse fortes choivas en varias zonas da comunidade, que provocaron inundacións na cidade de Lugo e outras áreas da provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...