InicioPolíticaCiudadanos presenta grupo en Outeiro, "onde a política quedou obsoleta"

Ciudadanos presenta grupo en Outeiro, “onde a política quedou obsoleta”

Manuel Varela, procedente do sector farmacéutico, coordina a agrupación de Ciudadanos en Outeiro coa bitola da modernización da administración local

PUBLICADA O

- Advertisement -

Estaba constituído legalmente, mais quedaba o acto oficial. Ciudadanos presentou na noite do martes a novo grupo local en Outeiro de Rei, representado pola xunta directiva coordinada por Manuel Varela Trigo, a responsable de cidadanía Paula Varela Núñez, e o responsable de redes Jesús Teijeiro. A dirección foi nomeada directamente pola secretaría de organización en Galicia, un primeiro paso antes de conformar a agrupación definitiva, que terá capacidade de autoregulación.

Á fronte do equipo estará Manuel Varela, de corenta e catro anos, con experiencia en empresa e un longo percorrido no sector farmacéutico. Este perfil “á marxe da política” é semellante ao que procura Ciudadanos na provincia. O partido ten implantación en Lugo capital, no conxunto da Mariña e Sarria, e planea expandirse proximamente a Monforte de Lemos, Guitiriz e Chantada. A aspiración do secretario de organización, Laureano Bermejo, é acadar a vintena de concellos de cara ás eleccións municipais.

Laureano Bermejo e Manuel Varela
Laureano Bermejo e Manuel Varela

Varela puxo o foco no “desacordo” da veciñanza de Outeiro coa “xestión do goberno local”. Observou que “a política quedou obsoleta” porque “o Concello ofrece servizos de calidade nefasta, os mesmos que hai vinte anos”, contra o que receitou “unha política cercana”. Entre outras deficiencias, o coordinador de Ciudadanos salientou as queixas polas fochancas nas estradas e as deficiencias no subministro de auga.

“O goberno local segue manexando políticas de hai vinte anos, que non son xa axeitadas, e que non fan máis que restar pulo e impedir o noso crecemento”. Varela entende que Outeiro, “o Concello que máis medra de toda España” e “onde o setenta por cento dos veciños traballan no sector servizos”, precisa “a intelixente e boa xestión dos orzamentos de seis millóns seiscentos mil euros, que actualmente se están desperdiciando”.

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Prensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

O pasado venres a medio día presentouse no Pazo de San Marcos o VIII...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...