InicioEconomíaOs traballadores do metal en Lugo irán á folga o 10 de...

Os traballadores do metal en Lugo irán á folga o 10 de maio

CIG, CCOO e UXT fixeron un chamamento a todos os traballadores do sector a secundar a folga e a participar nas mobilizacións que se convoquen nesa xornada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os traballadores do siderometal e do comercio do metal da provincia de Lugo irán á folga o vindeiro mércores, 10 de maio, para reclamar “convenios colectivos dignos”. Así o confirmaron os representantes do tres centrais sindicais nunha comparecencia de prensa para analizar os “nulos avances na reunión” da mañá deste xoves coa patronal.

Segundo dixo Alfonso Losada, da CIG-Industria, este encontro durou “pouco máis de media hora” e a el a patronal presentouse “cunha proposta totalmente insuficiente”. “Só soben os atrasos dos 340 euros ata os 500 euros, o que non chega nin ao 50% do que lle correspondería a moitas categorías, ofrecen medio punto máis no incremento global e ábrense a ampliar a turnicidad”, explica o representante sindical.

Con todo, os sindicatos critican que o empresariado “continúa negándose a falar das revisións salariais ano a ano conforme ao IPC real” e do abono dos atrasos desde xaneiro, “dúas liñas vermellas marcadas para asinar o convenio”. CIG, CCOO e UXT fixeron un chamamento a todos os traballadores do sector a secundar a folga e a participar nas mobilizacións que se convoquen nesa xornada.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...