InicioSociedadeFelipe VI presidirá o acto central do Tour do Talento este venres

Felipe VI presidirá o acto central do Tour do Talento este venres

Durante a xornada terá lugar a Proclamación do Premio Princesa de Girona de Investigación Científica 2023.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O rei Felipe VI, xunto con autoridades galegas, presidirá este venres, día 5 de maio, o acto central do Tour do Talento en Lugo, unha iniciativa impulsada pola Fundación Princesa de Girona coa colaboración do Concello lucense. Durante esta xornada terá lugar a Proclamación do Premio Princesa de Girona de Investigación Científica 2023, da man dun xurado de expertos e premiados da fundación de anos anteriores.

Antes deste acto central, que terá lugar no Auditorio Gustavo Freire, celebrarase o Congreso ‘Importa’, da man da Fundación ‘O que de verdade importa (LQDVI)’. Este foro ofrecerá unha serie de charlas que achegarán aos mozos e mozas valores como a tolerancia, a superación, o respecto ou a solidariedade.

Protagonizarán o encontro Dani Caverzaschi, tenista español número 1 nacional e o 14 a nivel mundial e unha das promesas do deporte paralímpico español e Antonio Espinosa, CEO de Aura, empresa social cuxo fin é financiar proxectos de acceso a auga potable.

Despois de pasar por Zaragoza (do 20 ao 24 de febreiro), Valladolid (do 13 ao 18 de marzo) e Córdoba (do 13 ao 19 de abril), o Tour tamén tivo a súa presenza en Lugo, cun programa enfocado a potenciar a empregabilidade, o emprendemento, os traballos do futuro, as competencias profesionais máis demandadas polas empresas, o awareness dixital, a educación, o benestar e o impacto social.

Ademais, o Tour despregou un contido específico sobre tecnoloxía e sustentabilidade aplicadas a distintos ámbitos en xeral e ao deporte en particular. Este evento itinerante, que celebra este ano a súa segunda edición, finalizará en Xirona (do 8 ao 13 de xuño).

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...